22 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Por aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo, onde, grazas ao caracol Saga, aprendeu moitísimas cousas sobre as raias e as manta raias. 


Saga e a súa nai ensináronnos moitas curiosidades sobre as raias e as manta raias, como por exemplo que as raias son moi grandes, moito máis que o ser humano. As manta raia poñen os seus ovos dentro dunha cápsula, que poidemos ver grazas a que Saga atopounas na praia. Ademais, as raias poden facer piruetas no aire para quitarse os parásitos! É sorprendente. 

Unha vez que finalizaron a exposición, Saga e a súa nai ensinárannos a facer unha manualidade sobre unha raia. Despois a decoramos con diferentes materiais, e con pintura que brilla na oscuridade. Quedaron fermosas!

                                       (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas por traer a aula tanto coñecemento 💓

Apertas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario