O noso proxecto “pegadas da sabana” serviunos como fío condutor para aprender moitas cousas sobre os animais, os seus hábitats e tamén… para traballar os contidos de lectoescritura e matemáticas dun xeito motivador e significativo.
• Con letras formamos os nomes dos animais da sabana e clasificámolos por número de sílabas.
• Fixemos descricións de animais (forma, cor, tamaño, como se desprazan…).
• Creamos adiviñas
• Contamos animais e comparamos tamaños
• Fixemos series e clasificacións cos animais segundo o número de patas, o tamaño ou a velocidade.
O proxecto permitiunos aprender xogando e percorrer un camiño cheo de momentos de desfrute.
Ningún comentario:
Publicar un comentario