24 de xuño de 2025

AS AVES DA SABANA

Recibimos á familia de Ana para aprender que na sabana tamén viven moitas aves diferentes: grandes, pequenas, de cores vivas ou con longas patas… e que todas teñen algo en común: plumas e ovos!

Entre todas, coñecemos algunhas das máis sorprendentes: o avestruz, que non voa pero corre rapidísimo, a cigüeña africana, que vive preto da auga, o flamingo, o búho real, que observa dende as árbores... e moitas máis que descubrimos con curiosidade!

Fixemos un obradoiro moi especial no que observamos ovos de diferentes aves e comparamos os seus tamaños, observamos plumas e deixamos a nosa pegada en arcilla branca

Foi unha mañá chea de cor, creatividade e moita ilusión por aprender máis sobre os animais que voan polo ceo africano.



Ningún comentario:

Publicar un comentario