A nosa viaxe pola sabana: animais e exploradores!
Durante este curso, a aula das xirafas e dos elefantes viaxamos pola Sabana Africana convertíndonos e auténticos exploradores. Asi puidemos coñecer o ecosistema africano a través de contos, vídeos, xogos e actividades artísticas. Descubrimos como son os seus animais, onde viven, que comen e moitas curiosidades máis.
Cada neno e nena preparou un dossier no que incluímos:
• Localización de África e ecosistemas principais: deserto, sabana e selva
• Tribus africanas e as árbores máis características, os baobas.
• Fichas con información de animais como o elefante, o león, a xirafa, a cebra, o avestruz…
• Características principais dos animais que investigamos: alimentación, hábitat, pelaxe e depredadores…
Para gardar todo este traballo fixemos unha maleta de explorador/a, decorada por cada alumno/a, coma se fósemos auténticos aventureiros da sabana que preparamos na aula coa axuda das familias.
Foi un proxecto que nos fixo observar, investigar, crear e sobre todo… ¡gozar aprendendo!
Agora levamos para a casa unha maleta chea de recordos e coñecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario