Ola familias!
Aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo. Nesta ocasión Pipo viaxou xunto a Alma, onde investigaron un montón de cousiñas sobre a contaminación.
Alma e a súa nai concienciáronnos sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Coméntarannos que dependendo do material algúns obxectos tardan moito en desaparecer, por exemplo o vidro tarda 4.000 anos, o papel 2 meses, a monda do plátano 3 meses...
Ca finalidade de observar como se van desintegrando os materiais e canto tempo tardan en facelo, Alma e a súa familia meteron auga e diferentes materiais como plástico, un chicle, papel de aluminio, etc., nun bote de cristal. Foi sorprendente ver como os materiais van cambiando de forma e tamaño.
Ensináronnos un vídeo onde o mar estaba contaminado por materiais que as persoas tiran, e despois vimos outro vídeo onde o mar estaba limpo e, polo tanto, os animais mariños contentos. Cantas diferenzas observamos!
Outra das cousas que aprendimos foi as accións que debemos levar a cabo para coidar o planeta, como por exemplo cerrar o grifo cando nos duchamos, non empregar bolsas de plástico, reciclar...
Unha vez que finalizaron a súa exposición, fixemos con Alma e a súa nai unha manualidade fermosa, onde representamos o fondo mariño con material reciclado.
Moitas grazas por ensinarnos tantas cousiñas!💓
Apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario