Como peche do noso proxecto sobre a horta e as plantas, fixemos unha representación moi especial para explicar que necesitan as plantas para crecer fortes e sans.
Asi representamos os catro elementos da natureza que axudan ás plantas a medrar:
Terra : a base onde sementamos as nosas sementes, chea de nutrientes.
Auga : que rega as raíces e dá vida.
Aire : que axuda ás plantas a respirar e moverse.
Luz/Sol: a enerxía que permite ás plantas facer a fotosíntese.
Cada neno e nena converteuse nun deses elementos ou nunha parte da planta: raíces, talos, follas ou flores e contamos, a historia do crecemento dunha planta dende a semente ata que florece.
Foi unha maneira fermosa de mostrar todo o que aprendemos sobre a natureza, a importancia de coidar as plantas… e tamén de traballar en equipo.
Aprendemos que a natureza é un conxunto no que todo está conectado, e que cada elemento é esencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario