15 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo. Nesta ocasión Pipo viaxou xunto a Alma, onde investigaron un montón de cousiñas sobre a contaminación.


Alma e a súa nai concienciáronnos sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Coméntarannos que dependendo do material algúns obxectos tardan moito en desaparecer, por exemplo o vidro tarda 4.000 anos, o papel 2 meses, a monda do plátano 3 meses... 

Ca finalidade de observar como se van desintegrando os materiais e canto tempo tardan en facelo, Alma e a súa familia meteron auga e diferentes materiais como plástico, un chicle, papel de aluminio, etc., nun bote de cristal. Foi sorprendente ver como os materiais van cambiando de forma e tamaño.

Ensináronnos un vídeo onde o mar estaba contaminado por materiais que as persoas tiran, e despois vimos outro vídeo onde o mar estaba limpo e, polo tanto, os animais mariños contentos. Cantas diferenzas observamos!

Outra das cousas que aprendimos foi as accións que debemos levar a cabo para coidar o planeta, como por exemplo cerrar o grifo cando nos duchamos, non empregar bolsas de plástico, reciclar...


Unha vez que finalizaron a súa exposición, fixemos con Alma e a súa nai unha manualidade fermosa, onde representamos o fondo mariño con material reciclado.


                                             (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas por ensinarnos tantas cousiñas!💓

Apertas!





1 de xuño de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos unha nova andaina de Pipo. Nesta ocasión viaxou xunto o caracol Pedro, onde aprenderon moitas cousas sobre os golfiños. Ata foron a biblioteca a atopar información. Volvéronse uns expertos no tema!


Pedro e a súa familia contáronnos curiosidades sobre os golfiños como por exemplo que sempre van en manada. Na parte baixa da súa cabeza teñen un órgano que se llama melón. Tamén nos dixeron que os golfiños durmen cun ollo pechado e outro aberto para estar sempre atentos por se ven un depredador. Os golfiños teñen varias aletas, e un orificio na cabeza para respirar, que se llama espiráculo.

Cando finalizaron fixeron connosco unha manualidade moi orixinal. Fixemos un disco no que había debuxos dun golfiño e dunha pelota, que ao xirar formaba unha ilusión óptica e parecía que o golfiño tocaba a pelota.


                                          (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)



Grazas familia! 💓
Apertas




PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

Ola familias!

Pipo non para de vivir aventuras e de aprender moitas cousas sobre o mar grazas aos caracois. Esta vez Pipo viaxou co caracol Edgar, e coa súa familia, ata a praia de Prado.


Edgar e o seu pai ensináronnos os animais mariños que viron na praia de Prado, gustounos moito! Ademais, comentáronnos a importancia de respectar e coidar o medio ambiente, limpando a nosa contorna. 

Finalmente, entre todos e todas fixeron un caderno de debuxos sobre a praia de Prado. Que fermoso quedou!

                                                 (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas familia!💓

Apertas