28 de mar. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

Seguimos coa participación das familias no proxecto de aula. Éste semana, contamos coa participación de Raúl e a súa familia que fixeron unha ampla investigación sobre as Rías que conforman a costa galega, afondando na nosa: A Ría de Vigo. Coñecemos os cabos e golfos que forman a paisaxe das nosa costa, así como os animais mariños mais característicos.

(pincha na imaxe para acceder a galería de fotos)

A través dun "experimento" aprendimos como a auga forma o relevo costeiro. A continuación, e a través dun "xogo de pistas", as formigas tivemos que averiguar o animal mariño que se agochaba tras as pistas. Cando o averiguábamos, tiñamos que colocar a tarxeta co seu nome ao carón do seu debuxo, formando un GRAN mural que acolle todas as aprendizaxes feitas: ENCANTOUNOS!

Para rematar, Raúl e a súa familia, agasalláronnos o xogo de pistas co mural para a aula: GRAZAS!

          


Moitas grazas Raúl e familia por aprendernos sobre a oceanografía das rías!


Vémonos na seguinte participación familias💓! 



25 de mar. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias!

Pipo tivo a gran sorte de viaxar a un novo fogar. Ao fogar do caracol Iago ❤️

Puidemos desfrutar da compañía da familia de Iago, a cal viu cargada de sorpresas.

Iago, a súa irmá, o seu pai e a súa nai contáronnos un montón de curiosidades sobre os polbos. Aprendimos moitas cousas sobre este animal mariño.



Cando remataron a exposición da súa investigación chegou a nosa aula un buzo!! Así como ledes, entrou na aula Diego, un home que se sumerxe nas profundidades mariñas para observar a través dos seus ollos todo o que habita nese lugar. 

Para acercarnos un pouquiño a súa realidade grabou un vídeo do fondo mariño. Encantounos! 

Puidemos ver manta raias, anémonas, calamares, estrelas de mar… ata vimos un coche abandoado! Foi alucinante. Grazas Diego! 

Se queredes visualizar o vídeo so tedes que facer clic enriba da seguinte fotografía.


Finalmente, para por a guinda a esta actividade fixemos unha manualidade dun polbo. Encantounos!


                                            (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Isto é todo por hoxe...

Unha aperta!



21 de mar. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias! 

Seguimos coa participación das familias no proxecto da aula. Nesta ocasión, a formiga Ama estivo con André e a súa familia investigando sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan.  

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Coa axuda dun submarino pilotado por Ama, e xunto a participación de tódalas formigas, fomos descubrindo as diferentes zonas do noso fondo mariño segundo entra o sol nelas, así como os peixes que nelas habitan, ata chegar a parte máis profunda do mar, onde atopamos o "peixe abisal" ou "peixe lanterna": ENCANTOUNOS! Nun mural xigante, cada formiga foi colocando os animais mariños correspondentes da zona segundo o submarino baixaba.



 Para rematar, a André e a súa familia, agasalláronnos o mural para xogar na aula: GRAZAS!

 
Moitas grazas André e familia por aprendernos sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan!
 



Vémonos na seguinte participación familias💓! 


20 de mar. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Prezadas familias,

aquí estamos unha semana máis para presentar a andaina dun novo caracol en compañía de Pipo. Ela é Sara!

Sara e a súa familia investigaron sobre as baleas. Canto aprendimos grazas a eles!



Sara contounos datos moi curiosos sobre as baleas, como por exemplo que non teñen dentes, se non barbas. Comentounos canto poden medir as baleas, e decatámonos que son xigantes! 

Sara ensinounos imaxes do que comen as baleas, uns peixiños moi pequenos, diminutos, chamados krill.

Por outra banda, grazas a Sara soubemos que dentro do Museo do Mar de Vigo hai un espazo destinado as baleas. Sara puido ver un esqueleto de balea!! E tivo a gran sorte de poder tocar as barbas dunha balea.

Finalmente, Sara, a súa nai e o seu pai ensináronnos a facer un gorro con forma de balea. Quedaron todos fermosos!


                                                   (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas a Sara e a súa familia por ensinarnos tantas cousas, e sobre todo por deixar na nosa aula a súa pegada 💓

Vémonos pronto,

unha aperta!








17 de mar. de 2025

 PROXECTO " DA  AULA A HORTA" TARTARUGAS E GRILOS

Neste segundo trimestre as aulas das Tartarugas e dos Grilos seguimos sementando as nosas haniloidades e contidos a través de vivenciar o ciclo das plantas e das flores. 

Para elo unha vez máis nos puxemos na pel de valiosos investigadores recopilando información e facendo o noso caderno científico. 

Como non todo é traballar tamén quixemos disfrutar do festival do entroido disfrazados sobre a temática do noso proxecto e disfrutamos un montón. 

Votade unha ollada:












12 de mar. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Xa estamos de novo por aquí. Nesta ocasión, Pipo tivo a sorte de viaxar ao fogar do caracol Sergio. 

Coa axuda da familia de Sergio aprenderon a importancia do coidado do medioambiente, sobre todo, do coidado do mar. Toda esa información levárona a aula, e grazas a eles os/as caracois son máis conscientes da importancia de coidar o fondo mariño. 



Sergio, o seu papá e a súa mamá foron a praia e recolleron lixo que atoparon mentres paseaban pola beira do mar. Trouxeron ese lixo a aula, e explicáronos, a través dun libro, o que lles ocorre aos animais mariños cando tiramos lixo o mar. 

Seguidamente, os caraois tiñan unha nova misión! Limpar un acuario que estaba cheo de lixo. A misión basábase en recoller o lixo cunhas pinzas e reciclalo na papeleira correspondente. Unha vez que remataron Sergio explicoulles o proceso de reciclaxe. 

Finalmente, como os caracois o fixeron tan ben Sergio deulles un carnet de aventureiro/a medioambiental. 

A continuación podedes visualizar as fotos da exposición e un vídeo no que Sergio relata o proceso de reciclaxe.


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas Sergio e familia por traer a aula tanto coñecemento.

Vémonos na seguinte andaina.

Unha aperta!





8 de mar. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar" Participación das familias

Prezadas familias!

Na semana do entroido tivemos a sorte de gozar da exposición da familia do caracol Vera.

Nesta ocasión, Vera e a súa mamá ensináronnos os animais mariños que están nas rocas. Mostránnos os animais que atoparon na praia de Bouzas, así como as esculturas que están expostas no paseo.






Por outra banda, no seu fogar deseñaron o xogo do memory sobre os animais mariños. Os caracois puxeron toda a súa atención en atopar as parexas de animais que son iguais. Pasárono xenial!
Agora temos ese xogo na aula para que os caracois poidan xogar cando estén no recanto do proxecto.

Finalmente, os caracois fixeron unha manualidade dun cangrexo, na que pegaron as patiñas, os ollos e debuxaron a súa boca. Qué fermosos quedaron! 
A continuación móstrovos algunhas fotiños que fixemos ese día.


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)




Moitas grazas pola vosa colaboración familias. Vémonos na seguinte andaina!  💓
Unha aperta!










7 de mar. de 2025

ENTROIDO DAS TARTARUGAS E OS GRILOS

 Este ano, seguindo coa temática do noso proxecto anual da horta, no entroido os pequenos disfrazáronse de xardiñeiros e xardiñeiras.

Acompañados dos espantallos das mestras disfrutaron do día desfilando e bailando para as familias.













8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Este ano, a proposta do equipo de convivencia para o 8 de marzo foi deixar as nosa pegadas, AS PEGADAS DA IGUALDADE. Pois cando camiñamos xuntos, nenos e nenas, homes e mulleres, faremos un camiño máis bonito, máis xusto e con máis respecto. Por iso cada neno decorou a súa pegada e nela escribiron mensaxes ou debuxos pola igualdade de xénero. 

Con todas elas creamos un camiño de igualdade porque pasiño a pasiño, faise o camiño. 

Ademais en Infantil fixemos outras cousiñas para seguir traballando o tema: 

O alumnado de 3 e 4 anos sementando igualdade creando un “Xardín da Igualdade” chea de flores feitas coas súas propias mans. 
Pola súa parte, os nenos e nenas de 5 anos falaron sobre as mulleres máis importantes das súas vidas: mamás, avoas, irmás, mestras… e contaron por que son importantes para eles. 



Seguimos sementando igualdade!

O ENTROIDO DAS XIRAFAS E DOS ELEFANTES

Este curso, os nenos e nenas de 3 anos convertéronse en animais da sabana africana. Entre risas e música, apareceron elefantes e as xirafas de longos pescozos que desfilaron para as familias por primeira vez abrindo o desfile do colexio. 

Con moita ilusión, mostraron os seus disfraces cheo de cores e manchas divertidas. Xogaron a camiñar como os elefantes, a bailar como as xirafas e a desfrutar desta gran festa. Deixamos as fotos  dese día a modo de postais.



Desfilamos ao ritmo da música: "El elefantes y la jirafa amigos de verdad"


Aproveitamos a temática do proxecto da Sabana Africana para coñecer ao Rei da Selva, ao león, a partir do libro "A máscara do león" converténdonos en leóns cunhas fermosas melenas. Aprendimos a canción de Almudena Janeiro sobre o conto. 

     


E fixemos unhas máscaras de elefantes e xirafas:


     




PROXECTO: "Ti si que sabes a mar": participación das familias.

 Prezadas familias!

Comezamos unha nova actividade que lle da vida ao noso proxecto de aula, sendo as familias as protagonistas desta nova andaina. 

A familia da formiga Mario, viu a nosa aula para presentarnos a súa investigación sobre o mar.

Cheos de creatividade, Mario e a súa familia fixéronnos unha presentación sobre o fondo mariño, os animais acuáticos e contaminación do mesmo, facendo fincapé na importancia da reciclaxe para paliar os efectos da mesma. 

A continuación, podedes ver a información que compartiron connosco Mario e a súa familia e coa que aprendimos moitísimo sobre o noso MAR! 


(preme na imaxe para acceder ao documento)

Seguimos cun xogo por equipos: O XOGO DO RECICLAXE. Composto por dúas rondas: a primeira cun "Trivial Mariño" e a segunda co "Recicla Amigo", gozando dun momento de xogo compartido xenial: ENCANTOUNOS! Para rematar, Mario agasallounos cun debuxo para colorear dun fondo mariño: GRAZAS!


(preme na imaxe para acceder ao xogo)


Moitas grazas Mario e familia por compartir este momento de aprendizaxe e xogo con nós!

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Vémonos na seguinte participación familias!