Ola familias!:
Coa chegada da primavera inauguramos na nosa aula un novo
recanto sensorial, onde xogando, entre outras cosas, estimulamos os sentidos, a
percepción, a psicomotricidade fina e pasámolo de marabilla!
Como non podía ser
doutra maneira, seguimos xogando cos minimundos; esta vez descubrimos cores e
elementos propios da estación na que estamos. Nunca imaxinamos que con arroz
tinxido poderíamos recrear unha paisaxe tan bonita!
Aproveitando o bo tempo, plantamos sementes para a nosa aula e herbas aromáticas na horta, coa axuda da mestra Puri e o mestre Roi. Xa sabedes que aprender experimentando é o noso!
Ademais, tamén estamos
a disfrutar de novos espazos como o Patio vivo, o Areeiro e o Patio de xogos.
Non poden gustarnos máis!
PATIO VIVO
Ningún comentario:
Publicar un comentario