Ola!!
Durante o
segundo trimestre os crocodilos traballaron sobre o conto “Miñoca e coello”.
Na aula limos moitas veces o seu conto e os nenos e nenas fixeron un pequeno
libriño sobre el, onde escribiron o nome do autor, crearon outro final, outro
título, fixeron unha sopa de letras...
Esta semana
tivemos a sorte de coñecer o autor do libro, Ramón Veiga. El contounos de onde
xurdiu a historia da miñoca e o coello. Tamén nos presentou outros contos que
escribiu, e firmou o libro de cada cativo e cativa.
Ademais, Ramón
Veiga trouxo algunhas actividades para que fixeran os nenos/as, como por
exemplo formar a súa inicial con miñocas ou completar as caras dos personaxes.
Foi moi
divertido e os crocodilos estaban moi contentos/as 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario