14 de abr. de 2022

ACTIVIDADES DESTACADAS DAS ÚLTIMAS SEMANAS NA AULA DAS XOANIÑAS

OLA A TODOS E TODAS! AQUÍ REMATA ESTE SEGUNDO TRIMESTRE. AGORA TOCA DESCANSAR ESTES DÍAS E COLLER FORZAS PARA A RECTA FINAL.

QUEREDES VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES MÁIS DESTACADAS DAS ÚLTIMAS SEMANAS? POIS PRESTADE ATENCIÓN:


NA AULA XA SOMOS MOITOS MÁIS XA QUE UNS PEQUENOS VERMES VIÑERON PARA QUEDARSE CON NÓS UNHA TEMPORADA. GRAZAS A ELES, PODEREMOS COÑECER TODO O CICLO DE VIDA ATA A SÚA TRANSFORMACIÓN. 
E, POR SUPOSTO, DAR AS GRAZAS AS FAMILIAS, ENCARGADAS DO SEU COIDADO E ALIMENTACIÓN. 


NA AULA DESCUBRIMOS UN NOVO MATERIAL: AS MESAS DE LUZ. CON ELAS OS NENOS E NENAS PUIDERON EXPERIMENTAR E MANIPULAR DIFERENTES MATERIAIS AO MESMO TEMPO QUE LEVABAN A CABO AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS. 


CADA VEZ TEREMOS MELLOR TEMPO E, POR ISO, APROVEITAREMOS AO MÁXIMO ESTE NOVO RECANTO AO AIRE LIBRE FACENDO EXPERIMENTOS E OUTRAS ACTIVIDADES DE MANIPULACIÓN QUE SON MÁIS DOADAS DE FACER FORA. 
AQUÍ TEDES DOUS EXEMPLOS: MESTURAR AUGA CON COLORANTE DE DIFERENTES CORES (AMARELO, VERMELLO E AZUL) PARA INTENTAR CONSEGUIR CORES NOVAS E MANIPULAR ESPUMA DE AFEITAR PARA DESCUBRIR A SÚA TEXTURA (O QUE CADA UN/UNHA FIXO CON ELA XA FOI DECISIÓN PROPIA😂)


TAMÉN CONTAMOS COA VISITA DE ALICIA BORRÁS, A AUTORA DO CONTO "O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR" QUEN FIXO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS. PERO NON ESTABA SOLA, PICOPATO ACOMPAÑOUNA NESTA EXPERIENCIA.


NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS OS NENOS E NENAS TAMÉN DESCUBRIRON NOVAS ZONAS DE RECREO COMO O PATIO VIVO, O PATIO DE XOGOS E O AREEIRO QUE, SEMPRE QUE O TEMPO O PERMITA, PODERÁN GOZAR DELAS CADA SEMANA.


E, XA PARA REMATAR O TRIMESTRE, O ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES DAS VACACIÓNS, O TEMPO NON QUIXO ACOMPAÑARNOS NESTA OCASIÓN PERO NÓS NON TIVEMOS PROBLEMA EN FACER UN PICNIC NO INTERIOR E DESPEDIRNOS CUNHA MINI-SESIÓN DE CINE CON GUSANITOS.

VÉMONOS AXIÑA!



Ningún comentario:

Publicar un comentario