25 de abr. de 2022

OS CROCODILOS DESCOBREN O NOVO PROXECTO

 

Ola, Ola! Hoxe traiovos novas dos crocodilos 😊

Este trimestre comezamos novo proxecto, así que os crocodilos van ser uns expertos e expertas sobre as bolboretas!

Cando os nenos/as se sentaron na asemblea o móbil da mestra sonou... Quedámonos todos e todas abraiados/as. Quen será? Dicían... Pois era o carteiro para dicirnos que tíñamos que ir a unha aula a buscar unha carta.

Esta carta estaba escrita pola bolboreta Lili, onde comentaba que os nenos/as tiñan que superar diferentes probas para descubrir de que trata este novo proxecto, e por suposto, fixérono de marabilla!

Na primeira proba tiñan que resolver esta adiviñanza:

Antes oviño

agora capulliño,

máis tarde volarei

coma un paxariño

¿Quién soy?

Na segunda proba tiñan que atopar nunha imaxe unha bolboreta que estaba moi agochada, e descubrírona rapidísimo!!




Finalmente, os nenos e as nenas, ca axuda dunhas lupas, tiñan que atopar oito letras e despois formar a palabra: B O L B O R E T A



Os cativos e cativas resolveron as probas moi rápido... así que, a partir de agora adentrarémonos no mundo das bolboretas.

O primeiro que fixemos foi ver un vídeo sobre o ciclo de vida das bolboretas e descubrimos os distintos tipos que hai.




E así quedou o noso recanto da oficina!

Tamén me gustaría ensinarvos a evolución dos nosos vermes de seda... Agora só temos que esperar a que se convertan en bolboreta 😊



Ata aquí todo por hoxe!

Vémonos pronto 😊








Ningún comentario:

Publicar un comentario