Ola crocodilos! Espero que estedes ben na vosa casiña
😊
Hoxe traiovos varias propostas para que as fagades ao
longo da semana.
Para comezar fíxenvos un crucigrama, xa que sodes uns
expert@s cas letras! 😊
Unha vez que fagades o crucigrama, podedes facer unha receita que conteña un deses ingredientes.
Tamén podedes escribir os ingredientes da vosa receita, e así compartidela connosco.
Mmmmmmm, seguro que vos
sae boísima!
Na seguinte actividade tedes que ver un vídeo sobre o conto "Te quiero, casi siempre". So tedes que facer clic na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=DbZTHxyheXM
Unha vez que finalicedes o conto, podedes facer un
debuxo do que máis vos gustou.
Agora pregúntovos, qué pode ser un cadrado? Pensádeo e
debuxade algo que teña forma de cadrado. Móstrovos un exemplo 😊
E por último…, acordadesvos que as veces facemos ioga na nosa aula? Pois hoxe móstrovos algunhas das posturas que xa practicamos no cole. Espero que o disfrutedes!
https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog
Ningún comentario:
Publicar un comentario