31 de xan. de 2022

ACTIVIDADES PARA OS CROCODILOS (SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO)

 Ola crocodilos! Xa estamos de volta por aquí, espero que esteades ben na casiña 😊

Hoxe traiovos varias actividades para que as fagades ao longo da semana. Alá imos!

Preséntovos esta sopa de letras, onde tedes que atopar as seguintes palabras: antenas, patas, cabeza e alas.

De quen serán esas partes?

Pois claro, das xoaniñas!!




Unha vez que atopes as palabras, propóñovos facer unha manualidade dunha xoaniña con materiais que teñades pola casa. Móstrovos un exemplo:




Unha vez que a teñades feita, podedes escribir as súas partes, e se vos apetece cando veñades o cole podemos decorar o noso recanto da oficina cas vosas xoaniñas. Vai quedar fermoso!

A seguinte actividade que vos propoño consiste en atarse os cordóns. Así que, collede un zapato ou tenis que teñades por casa e intentade atar os cordóns. 

Móstrovos uns vídeos para que vos sexa máis sinxelo, só tedes que premer nas seguintes ligazóns:

https://www.youtube.com/watch?v=Ma05YV2XLc8

https://www.youtube.com/watch?v=PL69Ph2prWo


 Na seguinte ligazón podedes visualizar o conto titulado “Monstruo rosa”

https://www.youtube.com/watch?v=AljPBaB5I4A


Ao rematar facede un debuxo do que máis vos gustou do conto 😊

E finalmente… a ver se conseguides descubrir esta adiviñanza!



Cando a descubrades podedes facer un debuxo desa palabra e escribir o seu nome.

Bo traballo crocodilos!

Mándovos un bico MOI GRANDE 😊



Ningún comentario:

Publicar un comentario