Ola, ola, aquí estamos de novo 😊
Esta
semana os crocodilos descubriron o proxecto deste trimestre… AS XOANIÑAS!
A
primeira hora da mañá alguén nos deixou unha carta por debaixo da porta. Era
unha carta da xoaniña Mimi! Esta xoaniña tan simpática decidiu esconder por
toda a aula unhas pistas para adiviñar unha palabra secreta.
En cada sobre que os crocodilos atopaban había unha imaxe, e tiñan que buscar a letra pola que comezaba esa palabra.
Os crocodilos adiviñaron moi rápido tódalas pistas e descubriron a palabra! Unha vez que a descubriron, atoparon o tesouro…unhas xoaniñas de chocolate!
Os
crocodilos comezaron a dicir qué saben das xoaniñas. Tamén visualizaron un
vídeo sobre o seu ciclo de vida, e fixeron debuxos relacionados coas xoaniñas.
Na nosa aula faltaba decorar o noso recanto da oficiña, relacionado coas xoaniñas. Algúns crocodilos axudáronme a decoralo e así de fermoso quedou!
Ningún comentario:
Publicar un comentario