12 de xan. de 2022
PROPOSTAS PARA GOZAR NA CASA. XOANIÑAS E BOLBORETAS.
Ola!
Aínda que esteades na casa, podemos seguir aprendendo e divertirnos, así que vos deixamos unhas propostas por se queredes facelas en familia.
Como sabedes, ademáis de comezar un novo ano, comezamos unha nova estación: O INVERNO. En moitos lugares, coa chegada do frío, comeza a nevar e como agora mesmo non podemos facer unha excursión á neve, que vos parece se traemos a neve á casa? Cómo? pois moi sinxelo! Atentos/as! Imos facer NEVE ARTIFICIAL:
Para iso precisamos:
-Bicarbonato de sodio
-Auga
-Recipiente fondo
Nun recipiente mesturamos 2 partes de bicarbonato de sodio cunha parte de auga. As cantidades variarán segundo a cantidade total de neve que queramos facer. Axustamos as cantidades segundo vaia quedando a textura.
Se queremos que quede unha neve máis brillante, podemos engadirlle un pouco de purpurina branca, aínda que coa auga e o bicarbonato soamente queda xenial.
Podemos manipular soamente coas nosas mans e experimentar coa súa textura; comprobar se é suave, se está fría, facer un boneco de neve, e despois podemos engadir elementos como culleres, vasos, pratos... para facer trasvases. Se vos anímades tamén podemos esconder obxectos e atopalos.
DEBUXAMOS O NOSO RETRATO?
Xa que este curso estamos aprendendo cousas sobre o noso corpo, que vos parece se debuxamos o noso retrato?
Esta actividade é moi sinxela e divertida.Para realizala precisamos unha funda de plástico e un rotulador oscuro. O/A neno/a pon a funda na cara de algún/a familiar e intenta debuxar os seus rasgos faciais, e logo podedes xogar á inversa.
Agardamos que gocedes moito e volvades pronto!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario