2 de dec. de 2021

Achégase o nadal!

 

Ola ola crocodilos!

Xa queda menos para que poidades saír da casiña, que ben!! Sabedes qué día é hoxe? Eu xa movín as nosas pinzas para que as contedes, e así saibades en qué día nos atopamos.

 Así que… comezamos a asemblea!!








Asemblea lista! 👍

Como xa sabedes, dentro de moi pouquiño é navidade!! 😊 Así que, ocurriuseme unha idea.

A nosa aula todavía non está decorada do nadal, faltan un montón de adornos… 

Qué vos parece se a decoramos entre todos e todas?

Propóñovos facer bonecos con rolos de papel. A idea é decorar os rolos de papel de algo característico do nadal (un reno, unha árbore, un papa Noel…) e poñerlle un nome. Móstrovos un exemplo:





O próximo día que veñades a aula acordarvos de traelos, e preparamos o noso recanto de nadal 😊

Estou segura de que coa vosa axuda a nosa aula vai quedar fermosa!!

Antes de irme, móstrovos unha ligazón da rima do outono de Laura Chubarovsky que escoitamos moitas veces na aula. 

Acórdadevos dela? Pois pinchade aquí: https://www.youtube.com/watch?v=bpKHkr8VnTM

Deica mañá crocodilos!

Quérovos moito 😊




Ningún comentario:

Publicar un comentario