3 de dec. de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Ola meus crocodilos!

Qué rápido pasou a semana, verdade? Dentro de moi pouquiño xa podedes saír da vosa casiña, qué alegría! 😊

Hoxe é o último día da semana que vimos o cole… sabedes qué día é?

Comezamos contando as nosas pinzas!






Perfecto, asemblea lista!

Hoxe é o día internacional das persoas con discapacidade. Temos que ter en conta que todos e todas somos diferentes, e que a uns se lle da mellor unhas cousas ca outras. Por iso, debemos axudarnos entre nos e respetar todas as diferencias.

Propóñovos ver os seguintes recursos:

 “El cazo de Lorenzo”: https://www.youtube.com/watch?v=nSh_KGiYjqk










“Elmer” https://www.youtube.com/watch?v=7PiWJSyZhew



 

Espero que disfrutásedes tanto coma min vendo os curtos e o conto de Elmer 😊

Antes de rematar o día, qué vos parece se adiviñades estas palabras que están ocultas? Para adiviñar as palabras tedes que escribir a inicial de cada debuxo.



Por último, se vos apetece podedes facer un debuxo sobre o que máis vos gustou dun dos vídeos que visualizáchedes, é dicir, sobre “El cazo de Lorenzo”, “El regalo” ou sobre “Elmer”.

 Disfrutade moito meus crocodilos!

Agora sí que vos podo dicir que… VÉMONOS DENTRO DE MOI POUCO!

Un bico moi grande! 😊



Ningún comentario:

Publicar un comentario