Ola familias!
Pipo non para de vivir aventuras marabillosas cos nenos e nenas da aula dos caracois.
Esta vez viaxou ata o fogar do caracol Carolina para investigar sobre un animal mariño moi fermoso... a estrela de mar!
A nai, o pai e o irmán de Carolina viñeron a nosa aula para contarnos todo o que investigaron sobre as estrelas de mar. Contáronnos curiosidades como por exemplo que as estrelas poden durar ata 35 anos, que poden ter moitos brazos. Tamén dixéronnos que hai moítismas especies diferentes, e que non se chaman peixes, chámanse equinodermos.
Carolina, Pipo e a súa familia non só investigaron sobre as estrelas de mar, se non que tamén crearon un tres en raia feito con barro. O tres en raia non só quedou fermoso, se non que o pasamos xenial.
Moitas grazas familia por traer a aula tanto coñecemento, diversión e sobre todo tanto cariño.
Ata a próxima andaina caracois!
Unha aperta 💓
Ningún comentario:
Publicar un comentario