Ola familias!!
Aquí tedes un pequeno resumo do noso segundo trimestre, onde podedes coñecer un pouquiño máis a realidade da nosa aula.
1.XOGO POR RECANTOS E PROPOSTAS DE APRENDIZAXE:
Como sabedes, o equipo de educación infantil non entende outra forma de aprender que a través do xogo, por iso, a circulación libre por recantos, é a base da nosa metodoloxía.
Además do xogo por recantos, este trimestre, contamos con diferentes propostas de aprendizaxe relacionadas co centro de interese do inverno:
2.PROGRAMA COMUNICARNOS:
Seguimos traballando co programa "Comunicarnos", mediante o cal traballamos aspectos relacionados coa conciencia fonémica, conciencia silábica, conciencia léxica, memoria auditiva... Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e o futuro aprendizaxe da lectura e escritura.
3.ACTIVIDADES NA HORTA
Canto aprendemos e gozamos cas actividades que facemos con Uxía na horta!!
4.conmemoracións
Conmemoramos datas tan importantes como o "Día da Paz", onde fixemos un acto conxunto todo o colexio e traballamos esta data mediante o conto "El nacimiento del dragón". Tamén falamos dunha autora tan importante como Rosalía de Castro, fixemos un puzzle xigante co seu rostro e o decoramos. E por último, traballamos "O día da Muller Traballadora", coñecendo a historia de varias mulleres: Celia Rivas (a primeira condutora de camións), Marcela e Elisa (a primeira voda entre mulleres), Irene Gónzalez (a primeira futbolista nun equipo masculino) e Ángeles Alvariño (a primeira científica nun buque de investigación internacional). Fomos os encargados e encargadas de facer un mural para Educación Infantil e Primaria. Quedounos moi bonito!!
Polo Día da Muller tamén fixemos un pequeno vídeo falando das nosas mulleres máis importantes.
Acceso ao video facendo clic na imaxe
6.SAÍDAS
Neste segundo trimestre fixemos unha saída ao museo do mar para aprender un pouquiño máis sobre a prehistoria.
Acceso ao video facendo clic na imaxe7.LÓXICO-MATEMÁTICA
Este trimestre seguimos a traballar en desdobre coa profe Laura conceptos lóxico matemáticos, todo manipulativo e a través do xogo continuamos a avanzar en conceptos que implican o coñecemento e uso dos números, así como habilidades coma o conteo ou as equivalencias. Rutinariamente facemos actividades en gran grupo nas que todos participamos, pero en ocasións prepáranse diferentes estacións de aprendizaxe.
Ademáis de continuar con actividades que
potencien o dominio do seu propio corpo, o equilibrio, estructuración espacial,
coordinación.... (ENCÁNTALLES FACER CIRCUITOS E INVENTALOS), tamén tivemos
tempo para coñecer moitos xogos populares que seguro as familias recoñeceredes,
polo que ademáis de aproximalos a cultura popular, traballamos o coñecemento e
aceptación das normas dos distintos xogos.
Neste trimestre traballamos con diferentes
contos musicais, aprendimos as cancións e puxémoslle ritmo con instrumentos. Tamén xogos de emparrellarse según un son que
acordáramos para cada un, xogo das estatuas con diferentes temáticas, bailes
por parellas e iniciámonos na escoita atenta de melodías que incitan diferentes
sensacións.
Tras rematar o traballo sobre os contos de “Yo
voy conmigo” e “Vacío”, comezamos a facer dinámicas de convivencia a partir do
conto “El árbol de la amistad”. Os obxectivos principais que estamos a traballar
están relacionados coa formación de relacións sociais positivas entre os
neno/as do grupo e os compañeiros/as das outras aulas, xa que a nosa árbore da
amizade tan só medrará con agarimo e palabras bonitas.
Seguimos traballando no proxecto, coñecendo as nosas emocións, traballando as letras a través do conto ABZOO, e moitas cousiñas máis que veredes ao final de curso...de momento ata aquí!!😊
Felices vacacións!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario