13 de mar. de 2023

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

E por fin chegou o día da saída ao Museo do Mar! Foi unha actividade moi completa onde puidemos coñecer a Mariñona, unha nena que vivía na Prehistoria e a través da cal descubrimos onde vivía, como se vestía, como facía o lume para quentarse, de que se alimentaba... Ademais, elaboramos a nosa cunca de cerámica, un descubrimento moi importante da Prehistoria que permitiu o transporte de líquidos e sementes.


                             4 ANOS A                                                                   4 ANOS B

Ningún comentario:

Publicar un comentario