Aquí atoparedes a documentación das aulas de 4 anos do primeiro trimestre, que é unha pequena mostra das actividades que levamos a cabo nas aulas das XOANIÑAS e das BOLBORETAS (lembrade clicar nas imaxes para ver todas as fotos):
PROPOSTAS
DE XOGO E APRENDIZAXE
As propostas de xogo e
aprendizaxe son unha boa ferramenta para conectar aos cativos/as coas súas habilidades
e potenciar os diferentes ámbitos de aprendizaxe. Todos os días hai propostas
cun patrón de acción ou guía e, despois, a liberdade de poder ir creando as
súas aprendizaxes por si mesmos/as.
GRAFISMOS
CREATIVOS
A grafomotricidade é unha
destreza que debemos traballar a partir de actividades motivadoras e diferentes
para o bo desenvolvemento das habilidades motoras finas. É pois un paso previo
e de acompañamento á escritura e ao agarre correcto do útil de escritura. É
unha forma máis creativa, espontánea e artística de traballar un aspecto tan
importante para o desenvolvemento dos nenos.
EXPRESIÓN
ARTÍSTICA
As expresións artísticas
funcionan como vehículos que estimulan a acción de innovar e crear, espertan o
vínculo social e emocional e xeneran a comprensión das ideas propias e axenas.
Esta conexión cos sentidos é
moi importante nos primeiros anos de vida e a expresión artística é unha boa
estratexia para a educación en todas as áreas.
Neste trimestre, coas
propostas artísticas, crearon con trazos, con obxectos da natureza e coñeceron a
Giuseppe Arcimboldo e a súa forma tan divertida de facer arte, poñendo a nosa mirada
no seu mundo e recreando a súa obra do outono cos nosos propios retratos.
LECTURA
E ESCRITURA
Continuamos traballando a
lectura e a escritura de xeito CONSTRUCTIVO a partir do nome propio e do
recoñecemento do nome dos compañeiros/as, palabras de outono, de Samaín, de Nadal...
lembrando letras e aprendendo outras novas de xeito manipulativo a través de
diferentes propostas, baseándonos nos nosos intereses, estilos e ritmos de aprendizaxe.
MATEMÁTICAS
MANIPULATIVAS
As matemáticas manipulativas
son unha forma de acercar aos máis pequenos/as a esta emocionante materia
transformando a ensinanza tradicional, abstracta e ríxida, por un novo modelo
que estimula a imaxinación, a cretividade e o xogo.
Conmemoramos datas tan
importantes como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a través de
contos que tratan de fomentar o respecto, a igualdade, a amizade... valores que
tamén foron traballados ao logo do trimestre e cos que tratamos de resolver os
conflitos que xurden no día a día da aula.
4 ANOS A
4 ANOS B
AS
FAMILIAS CONTAN
Compartir momentos coas
familias do alumnado é algo que motiva moito aos nenos e nenas e que nos últimos anos perdemos por mor da
pandemia. Por iso este curso invitamos de novo ás familias a gozar dunha
lectura compartida que chea de ledicia e ilusión aos nenos/as..
A
XOGAR…
A mellor forma de aprender e
coñecer o mundo e a través do xogo. O xogo ademais potencia a creación de
vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos, resolver
conflitos... Na aula, neste primeiro trimestre, contamos con diferentes
recantos de xogo: recanto do fogar (xogo simbólico), recanto dos xogos e
construcións, recanto dos minimundos, recanto dos xogos de mesa… sen esquecer,
por suposto, a aula de psicomotricidade e os diferentes patios..
Ningún comentario:
Publicar un comentario