Aquí tedes un pequeno resumo do noso primeiro
trimestre, onde podedes coñecer un pouquiño máis a realidade da nosa aula.
1.XOGO POR RECANTOS:
O xogo, é
unha ferramenta de aprendizaxe innata coa que nenos e nenas comezan a coñecer o
mundo, a interaccionar con el e coas persoas que nel conviven. Ademais mediante
o xogo, créanse vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos,
resolver conflitos...
Este
curso continuamos con algúns recantos do curso pasado: recanto do xogo
simbólico e vida práctica, recanto dos números e puzzles, recanto das
construccións e minimundos, recanto da arte, recanto dos xogos de mesa, recanto
do proxecto e recanto da biblioteca e relaxación. Ademais, engadimos o recanto
dos títeres, onde representan pequenas “obras teatrais”; o recanto de
experimentación, onde experimentan con diferentes materiais; e o recanto das
letras, onde contan con materiais e diferentes xogos para iniciarse no proceso de lectura e escritura.
Outra
novidade con respecto ao ano pasado, é que as propostas de aprendizaxe, non as
fan no momento de entrada, senón que forman parte dos recantos e van cambiando
segundo os centros de interese que esteamos traballando.
Aquí tedes algunhas fotiños dos diferentes recantos da aula:
Pinchando na seguinte fotos podedes acceder ao álbum do tempo en recantos (primeira foto) e a algunhas das propostas de aprendizaxe realizadas (segunda foto):
2.PROGRAMA COMUNICARNOS:
Como o ano pasado, seguimos traballando co programa "Comunicarnos", mediante o cal traballamos aspectos relacionados coa conciencia fonémica, conciencia silábica, conciencia léxica, memoria auditiva... Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e o futuro aprendizaxe da lectura e escritura.
3.PROXECTO:
Como sabedes o noso PDI deste curso 22-23 xira ao redor da horta, e neste primeiro trimestre comezamos a traballar sobre a agricultura na prehistoria. Como sabedes, contamos cun recanto do proxecto, e grazas a vosa colaboración, este vai collendo forma.
4.LÓXICA-MATEMÁTICA
Coa profe Laura realizan actividades de matemáticas manipulativas en pequeno grupo,
sempre mediante o xogo, que é a ferramenta máis importante para a aprendizaxe
dos nosos pequen@s.
Pinchade na imaxe para acceder ao álbum
5.PSICOMOTRICIDADE
Nas clases de psicomotricidade, os nenos e nenas realizan actividades nas que potencian habilidades de dominio corporal, lateralidade, equilibrio, estructuración do espacio, coordinación...Mirade que ben o pasan!
6.MÚSICA
Aquí tedes unha pequena sorpresiña que os vosos nenos e nenas
estiveron preparando coa profe Laura.
7.ACTIVIDADES NA HORTA
No seguinte albúm atoparedes un pequeno anaco das actividades que
fixeron na horta: plantar fabas,regar, buscar bichiños e conocer a súa
importancia...
Na semana do nadal, fixemos varios obradoiros de cociña, merendola navideña, celebramos o fin de ano, tivemos a visita de Papá Noel...Aquí un pequeno resumo da nosa semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario