23 de dec. de 2022

DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE DA AULA DOS CARACOIS

 Ola familias!!

Nesta entrada mostrareivos unhas pequenas pinceladas do que fixeron os caracois no primeiro trimestre.

Ademais, ao longo deste trimestre centrámonos en traballar aspectos como as rutinas e ritmos da aula, o compañeirismo, a socialización, a cohesión grupal, o cumprimento de normas...ca finalidade de que todos e todas convivamos nun ambiente de respecto.

PROPOSTAS DE XOGO EN APRENDIZAXE

Para proporcionar unha entrada relaxada, cando os nenos e as nenas entran na aula atópanse cunha proposta enriba da mesa, e cada unha ten unha finalidade.

Estas propostas están relacionadas ca lóxica matemática, a percepción visual, a coordinación óculo-manual, a motricidade fina…, co obxectivo de favorecer tódalas áreas do desenvolvemento. A continuación, móstrovos varios exemplos.



ASEMBLEA

A asemblea e o momento ideal para que os nenos e as nenas adquiran conciencia de grupo, e así pouco a pouco comezan a sentir que todos e todas formamos parte da aula dos caracois.

Na asemblea os nenos/as permanecen sentados mentres levamos a cabo as nosas rutinas da mañá como cantar a nosa canción, ver quen falta a clase ese día, dicir que día é e que tempo fai. Unha vez finalizadas esas rutinas comezamos a traballar noutros aspectos. Sempre comezamos falando, é un momento óptimo para que os nenos/as conten as súas vivencias, cómo se senten ou calquera outra cousa que precisen contar nese momento. Con isto traballamos a espera, as quendas de palabra, a expresión e comprensión...

Ademais disto, na asemblea tamén comezamos a traballar a lóxica matemática a través de diferentes xogos, escribimos números no chan, agrupamos elementos segundo a cantidade, etc. Tamén comezamos a escribir letras no chan, pero antes diso traballámolas a través do noso corpo para así integrala mellor.



RECANTOS

No momento dos recantos os pequenos caracois escollen a qué recanto queren ir en cada momento. Iso si, non poden ir máis de 5 nenos/as a un mesmo recanto, traballando así a circulación libre.

Son recantos de xogo, onde cada neno/a desfruta dos materiais que se lles proporciona segundo os seus intereses e motivacións






TRABALLO DE MESA

Mentres que os nenos e as nenas están xogando nos recantos, a mestra traballa de maneira individual con cada uno/a. Os traballos deste primeiro trimestre están destinados sobre todo a motricidade fina e ao recoñecemento do esquema corporal.

Neste momento da xornada se lle proporciona aos cativos unha ensinanza máis individualizada, onde a mestra observa e céntrase no desenvolvemento de cada neno e nena.





PATIO

No momento do patio os cativos/as desenvolven unha serie de habilidades sociais, necesarias para unha correcta interacción cos demais. Tamén desenvolven a imaxinación e a creatividade, a través dos diferentes xogos que eles mesmos/as crean.




PSICOMOTRICIDADE

Como xa sabedes, ao longo da semana, os nenos/as poden desfrutar das sesións de psicomotricidade, onde acoden con moitísima ilusión. Nestas sesións os cativos/as coñecen o seu propio corpo e as habilidades que posúen, desenvolven emocións e sensacións, traballan a coordinación, equilibrio, posturas.., trepan, saltan, reptan, gatean...



 

CONMEMORACIÓNS

A longo do curso escolar traballamos sobre diferentes conmemoracións, onde se fomentan valores, dereitos, bos hábitos, tratando así, acontecementos que merecen ser celebrados. Neste primeiro trimestre tratamos o día Universal da Infancia, e o día Internacional contra a Violencia de Xénero.



 




Ningún comentario:

Publicar un comentario