OLA FAMILIAS! DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ UNHA MOSTRA DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NAS ÚLTIMAS SEMANAS NA NOSA AULA.
DÍA DE ROSALÍA
O PASADO 23 DE FEBREIRO CONMEMORAMOS NO COLE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, E PARA ISO PARTICIPAMOS NUNHA ACTIVIDADE COLABORATIVA CON TODAS AS AULAS; A CADA UNHA DELAS ENTREGÓUSELLE UN FRAGMENTO DUN POEMA DE ROSALÍA RELACIONADO CO NOSO PDI E TAMÉN O DEBUXO DA FOLLA DUNHA ÁRBORE. OS/AS NENAS TIÑAN QUE DECORALAS E ESCRIBIR ESAS ESTROFAS NAS FOLLAS NUNHA MANEIRA CREATIVA.
ESTRENAMOS NA AULA DÚAS MESAS SENSORIAIS QUE NON NOS PODEN GUSTAR MÁIS! A NOSA PRIMEIRA ACTIVIDADE FOI FACER NEVE FACENDO UN EXPERIMENTO. A SÚA TEXTURA E CARACTERÍSTICAS SON TAN REAIS QUE PASÁMOLO EN GRANDE! SE QUEREDES REPETIR ESTA EXPERIENCIA NA CASA, SOAMENTE PRECISADES DÚAS MEDIDAS DE BICARBONATO, UNHA DE AUGA E A DISFRUTAR!
PRÓXIMAMENTE PODEREDES VER MÁIS AVENTURAS, MOITOS BICOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario