20 de mar. de 2022

ACTIVIDADES DOS CROCODILOS!

 

Ola, ola!!

Nesta entrada veredes diferentes cousiñas que fixeron os crocodilos nestes últimos días.

Gracias a unha familia, temos na aula uns animaliños novos… VERMES DE SEDA!

Os crocodilos dedican un momentiño da mañá para coidalos, darlles de comer e limpar a sua caixa. Os nenos e as nenas son moi responsables co seu coidado, e tratanos con moito agarimo e amor.

Todavía son moi pequeniños, por iso os temos que tratar con moitísimo coidado.




Nunha caixa os cativos puideron ver o ciclo de vida dos vermes: cómo fixeron o seu capullo, as mariposas que naceron e os ovos que puxeron.

Ca axuda dun pao, collimos algún verme, vimos cunha lupa todo o seu ciclo e fixemonos moitas preguntas: Medrarán máis? Que comen os vermes? Os vermes beben? Qué temos que facer para coidar os vermes?

 


Os crocodilos non para de coidar da natureza, por iso, na aula tamén temos plantas aromáticas, tales como: menta, lavanda, albahaca, romero, manzanilla e perexil

Todas as mañás tocamolas para comprobar se necesitan auga ou non, sacamolas para fora para que lles de a luz natural, despois gardamolas na aula, e as deixamos no noso recanto.

Mmmmmm cheiran de maravilla!!



E así quedou o noso novo recanto


Estas semanas fixemos moitas actividades, como por exemplo: xogar ao aforcado, ao pictionary, escribimos os nomes das nosas plantas, atopamos intrusos, contamos, formamos números cos policubos, fixemos construcións fermosas… moitisimas cousas! Móstrovos un exemplo 😊





Esta semana tivemos a sorte de disfrutar dos xogos da biblioteca do cole. Os crocodilos fixeron construcións co Kapla, xogaron co robot e aprenderon cómo e por qué se movía cara a dereita ou a esquerda, e xogaron ao zingo. Desfrutaron moitisimo pasarono moi ben!




No patio vivo temos novos materiais de refugallo e os cativos/as o pasan de maravilla.




No día internacional da muller traballadora vimos as historias de diferentes mulleres, unha delas foi Wangari Maathai. Polo que, vimos todo o que fixo pola natureza, escoitamos canción sobre ela e bailamos ao ritmo da música. Ademais, decoramos o seu retrato, mirade que fermoso quedou.


Finalmente, gustaríame contarvos que na aula tratamos diferentes temas de actualidade, un deles é a guerra. Polo que, na asemblea falamos do que está sucedendo e fixemos diferentes mensaxes relacionados ca paz.


Ata aquí todo por hoxe. Mándovos unha aperta moi grande! 😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario