16 de mar. de 2022

Algunhas das últimas actividades que fixeron os leóns!


Ola a todas e a todos! 

Por aquí deixamos algunhas das actividades que fixeron os león nos últimos días!

Engadimos esta tabla para aprender na asamblea as familias, os veciños e a pandilla dos números. Cada día temos un número protagonista! Tamén temos novas propostas de lógica-matemática que nos encantan. 


Por outa banda, estamos lendo diferentes contos cheos de valores cos que traballamos a amizade, o amor, o respeto...

Tamén traballamos a conmemoración do día da muller o 8 de marzo, vendo vídeos sobre Wangari Maathai, unha muller que fixocousas moi importantes para o seu pobo. Despois creamos un libriño que quedó precioso. Ademáis a profe trouxo un libro sobre historias de mulleres!

Na mesa das xoaniñas seguimos aprendendo sobre elas. Temos moitas xoaniñas que creamos nós mesmos!


Decoramos, tamén, a porta da clase facendo una xoaniña enorme coa técnica de puntillismo!



Co noso novo observatorio de bichiños que touxo unha mamá, podemos ver coa lupa os bichiños que atopamos no patio. Iso si, moi importante, os collemos con moito coidado, poñemos unha folla para que coman e ao final do día os liberamos!




E xa por último... estamos traballando o cómic da miñoca e o coello, é moi divertido pasar as páxinas á vez mentras a profe lee e rir coas conversas entre estes dous animaliños. Despois completamos o noso porfolio, esta vez tocou facer unha portada diferente!



Ata pronto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario