Ola
familias! Antes de rematar o mes celebramos os aniversarios de setembro. Os
crocodilos pasámolo de marabilla! Ademáis, démoslle un agasallo a cada
cumpleañeiro con debuxos de todos os seus compañeiros e compañeiras
Agora
móstrovos un pequeno resumo do que fixeron os crocodilos nestes primeiros días
de outubro.
Nas
propostas de xogo e aprendizaxe os nenos e as nenas traballan a lóxica
matemática, a motricidade fina, a percepción visual…
Os
crocodilos fixeron debuxos, grafismos con plastilina, recortes con tesoiras,
entre outras.
Tamén puideron disfrutar da caixa das letras
Os nenos e as nenas deixan voar a súa imaxinación, qué cousas máis fermosas fixeron
E finalmente, non pode faltar na nosa aula a relaxación! Aos crocodilos encántalles masaxear aos compañeiros e compañeiras con plumas, facer ioga, estar no recanto da calma…
UNHA
APERTA A TODOS E A TODAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario