20 de out. de 2021

O OUTONO O NOSO ARREDOR

 OLA DE NOVO FAMILIAS, NA AULA DOS LEÓNS ESTAMOS MOI AGRADECIDOS POLA IMPLICACIÓN DOS CATIVOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS A HORA DE TRABALLAR OS ELEMENTOS DA CONTORNA. 

GRAZAS A VÓS DENTRO DA AULA TEMOS UNHA MESA DE OUTONO PRECIOSA, A TRAVÉS DA CAL REALIZAMOS ACTIVIDADES ORAIS SOBRE OS ELEMENTOS QUE FORMAN PARTE DE ELA, ACTIVIDADES DE COMPOSICIÓN QUE SUSCITAN O NOSO PENSAMENTO CREATIVO E ACTIVIDADES DE MOTRICIDADE FINA QUE AXUDAN AS NOSAS HABILIDADES. 

ADEMAIS TER TAN PRESENTES ESTES ELEMENTOS DENTRO DA AULA FAI QUE VAIAMOS INTERIOROZANDO VOCABULARIO QUE ESTAMOS A UTILIZAR NO NOSO DOSIER DO OUTONO E NO MINI PROXECTO QUE EN BREVES COMEZAREMOS SOBRE A CAÍDA DA FOLLA.

POR AQUÍ VOS DEIXO UN PETISCO DO BEN QUE O PASAMOS. 






 

ATA A PRÓXIMA PUBLICACIÓN,APERTAS GRANDES!

Ningún comentario:

Publicar un comentario