31 de out. de 2021

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO: AS ABELLAS

 

Cando os crocodilos chegaron a aula atopáronse cunha carta. Esta estaba escrita por Zumbi, unha abella moi graciosa.








Zumbi preparoulle aos crocodilos unha proba na que tiñan que descubrir unha palabra secreta, a través de pistas. Unha vez que a descubriron, xa podían abrir a caixa que contiña moita información sobre as abellas. Qué habería dentro?



Nesa caixa había moitas cousas! Un traxe de apicultor, un panal de abellas e un conto sobre as abellas! A partir de aquí os crocodilos comenzaron a traballar a palabra secreta: abella.





Os crocodilos están aprendendo moitas cousas sobre as abellas, como o seu ciclo vital. Aproveitamos para ver un vídeo cortiño sobre este tema, e despois fixeron un mural do que visualizaron no vídeo.  




Tamén vimos os tipos de abellas e cómo se fabrica a mel.


Os nenos e as nenas puideron degustar a mel caseira que nos trouxo Yaiza. A algúns encantoulle e otros déronse conta de que a mel non lle gusta nadiña.


Deica logo familias! 😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario