9 nov. 2013

AULA 5 ANOS. CATÁLOGO DE BESOS. SAMAÍN. MAGOSTO.VISITA MAMÁ DE JORGE.

Ola familias,esta semana coñecimos a historia de Amanda... "Catálogo de besos". Estou segura de que os nenos e nenas de 5 anos vos contarán a historia de Amanda moito mellor ca min. A partires dos contos que traballamos esta semana llegaronnos varias ideas. A primeira foi a de facer un catálogo de besos, que xa temos rematado e exposto na clase para poñer en práctica cada vez que teñamos unha visita. E a seguinte idea foi a de facer unha exposición de " mellores bicos " para a que xa pedimos a vosa colaboración. Esta experiencia está tendo uns resultados moi positivos para a clase . Aproveito para agradecer a primeira mamá que estivo compartindo con nós a hora de ler. Araceli, Nai de Jorge. "Hora de ler" con mamás e papás,os Xoves de 9:10 a 9:30 horas. Agradecervos tamén os doces tan ricos que trouxeron os nenos e as nenas na celebración do samaín. Houbo moitos postres, polo que deixamos algunhas bolsas para celebrar festa do magosto.

1 comentario:

  1. Ola a todos e todas,
    En primeiro lugar, felicitarvos polo blog, xa que é unha maneira moi atractiva e útil de compartir con todos os usuarios, familias, mestres e mestras o traballo que se fai nas aulas, aportar ideas, compartir,...
    En segundo lugar, encántame a idea do catálogo de besos. Paréceme unha forma moi chula e sinxela de traballar as emocións e o contacto duns con outros.
    Saúdiños

    ResponderEliminar