7 de dec. de 2013

Boneco de neve, visita da nai de Pablo e villancico

Ola familias: esta semana foi un pouco rara, máis curta e moitos nenos maliños, polo que aproveitamos para facer un boneco de neve para decorar o corredor do centro. Mandámoslle un bico a todos os pequechos que están maliños e esperamos que se recuperen e volvan pronto. Ademáis visitounos a nai de Pablo para lernos un conto de piratas que nos gustou moito. Moitas grazas!!!! Tamén estamos aprendendo unha panxoliña "Los colores vamos al portal", vos deixo o enlace para que a practiquen tamén na casa e aprendan a letra. http://www.youtube.com/watch?v=57378QyPXEk

Ningún comentario:

Publicar un comentario