21 de nov. de 2013

AULA 4 ANOS ¡NOS VIXITARON TRES BRUXAS!

Hoxe Patri,Andrea e Ana a as nais de Naia, Edgar e Leo disfráronse de bruxas e fixemos varias actividades: nos ensinaron os ingredientes máxicos que trouxeron, fixemos unha pócima máxica entre todos pero que non a puidemos beber porque ao mezclar varios ingredientes, comezou a subir todo e saíu por fóra da pota. ¡Estabamos alucinando! Logo fixemos dúas pócimas para beber, unha para ser máis rápidos e otra para correr máis. Casi todos as probamos, estaban boísimas e moitos repetimos. De novo agradecer a vosa colaboración con nós porque pasamos un rato moi divertido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario