4 de feb. de 2026

OBRADOIROS MÁXICOS DE NADAL

Este Nadal vivimos unha experiencia chea de ilusión, creatividade e maxia cos nosos Obradoiros Máxicos, unha proposta pensada para gozar do Nadal a través do xogo, a imaxinación e a convivencia entre o alumnado dos diferentes niveis de infantil.

Nestes obradoiros interniveis e rotativos o alumanado disfrutou de diferentes actividades:

-  Un contacontos moi especial baseado no libro "El encargo más difícil de los Reyes Magos", que nos convidou a reflexionar sobre o verdadeiro significado dos agasallos e os valores do Nadal. A narración estivo acompañada dunha posta en escena máxica, con capa de mago, sombrero xigante e a aparición inesperada dun coelliño branco que encheu o espazo de sorpresa e ilusión.

- Pintacaras de Nadal, para transformarse en personaxes máxicos, elfos, estrelas, Papá Noel...

- Baile e disfraces, un espazo de expresión corporal, música e xogo simbólico.
Obradoiro de adorno de Nadal, onde cada nena e neno puido crear a súa propia decoración cunha bóla de Nadal, fomentando a creatividade e a motricidade fina.

(Pica na imaxe para abrir a galería)

Estes obradoiros permitiron que todo o alumando participase en cada proposta, creando un ambiente de colaboración, respecto e diversión.

Unha xornada máxica que nos lembrou que o mellor regalo dos Reis Magos é o tempo compartido, o xogo e as experiencias que quedan na memoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario