O 30 de outubro o noso centro encheuse de misterio, ilusión e moita maxia coa celebración do Samaín, unha das festas máis especiais do outono. Foi unha xornada chea de actividades nas que o alumnado gozou, aprendeu e participou con moita ilusión.
Realizamos unha exposición de froitos de outono, onde coñecemos e observamos cabazas, castañas, noces, mazás e outros produtos típicos desta estación. Foi unha maneira estupenda de achegarnos á natureza e ás tradicións propias destas datas.
Outro dos momentos máis agardados foi o concurso de personaxes típicos do Samaín, no que se puxo en valor a imaxinación, o esforzo e o coñecemento da nosa cultura popular. Todos os participantes fixeron un gran traballo!
Ao longo do día tamén tivemos tempo para as lecturas de Samaín, con contos cheos de misterio (pero sempre adaptados aos máis pequenos), que espertaron a curiosidade e a atención do alumnado.
Ademais, contamos cunha visita moi especial: o alumnado da ESAD, que nos agasallou cun fantástico contacontos, facendo que os nenos e nenas viaxasen a través das historias, das voces e das emocións.
Para rematar, volvemos gozar cun desfile final de disfraces, pechando así un día inesquecible cheo de sorrisos, aprendizaxes e tradición.
Foi unha celebración marabillosa na que o Samaín cobrou vida no noso centro. Grazas a todos e todas por facelo posible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario