9 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias! 

...e chegamos a inicios de Maio con outra participación das familias no noso proxecto de aula. Ama e a familia de Enzo investigaron sobre... os diferentes tipos de PESCA NA COSTA! 

                                                  (preme na imaxe para acceder ao contido)

Enzo e a súa familia explicáronnos os diferentes tipos de pesca na costa galega: pesca con nasas, pesca de arrastre e a pesca con trampas. Para poder visualizalo, construíron con material de refugallo unha nasa para os mexillóns, unha trampa para os cangarexos e unha red de pesca para os diferentes peixes. 

A continuación, e grazas ao material das diferentes técnicas de pesca e o deseño dos diferentes animais mariños, puidemos xogar a pescar diferentes tipos de peixes, moluscos, crustáceos... e tamén aprendimos como medran os mexillóns na nasa: PASÁMOLO XENIAL! 


(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas Enzo e familia por aprendernos sobre a pesca na costa!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 










Ningún comentario:

Publicar un comentario