28 de maio de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias

 Ola familias!

Aquí estamos de novo para contarvos a nova andaina de Pipo. Esta vez foi xunto a Valeria, onde aprendeu moitísimas cousas sobre os cabaliños de mar.


Valeria e o seu pai contáronnos moitas curiosidades sobre os cabaliños de mar, como por exemplo que moven ata 35 veces por segundo a súa aleta dorsal. Tamén que, os cabaliños de mar poden cambiar de cor, e poden mover cada ollo de xeito independente para así vixiar aos seus depredadores. Contáronnos un dato moi curioso, son os cabaliños machos quenes dan a luz as súas crías! 

Para por o broche final a esta investigación, Valeria e o seu pai fixeron un concurso. Cada neno e nena tiña que colorear un cabaliño de mar do mesmo xeito que un cabaliño que Valeria lles ensinou. Cando finalizaron colocaron os cabaliños no chan e Valeria e o seu pai escolleron a gañadora. 

Aroa gañou o concurso, e foi a elixida para abrir o agasallo que tiñan para a aula dos caracois: unha bola que dentro tiña un cabaliño de mar. Encantounos!

                                          (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas por traer a nosa aula tantas cousas fermosas💓

Apertas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario