A familia de Estrella elaborou un libro interactivo e en papel cos animais da Sabana. Un libro que convida a explorar xa que poden manipular as peles dos animais con diferentes texturas e xogar a formar o seu nome con letras móbiles.
14 de abr. de 2025
PROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Seguimos avanzando na investigación do noso proxecto grazas en parte ás achegas das familias con diferentes materiais e recursos.
Xuntos, construímos un ambiente de descubrimento e aprendizaxe, onde cada aportación suma.
Moitas grazas por formar parte deste proxecto!
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
PROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Co noso proxecto "As pegadas da sabana", seguimos descubrindo cousas marabillosas. Fixemos unha gran viaxe polo mapa do mundo ata atopar o lugar onde se atopan as pegadas que estamos seguindo: África!
Localizamos o continente no mapa e descubrimos que é un lugar enorme. Descubrimos que en África hai tres grandes ecosistemas que o dividen e o caracterizan:
- O deserto, como o Sáhara, con moita area, calor e poucos animais.
- A sabana, con herba alta, árbores espalladas e moitos mamíferos, como os que estamos investigando.
- A selva, con moita vexetación, choiva e animais escondidos entre as follas.
Falamos das diferenzas entre eles, que animais viven en cada un e como se adaptan aos seus hábitats.
Centrándonos na Sabana, imos coñecendo os animais que a habitan, como son, como se desprazan, que comen e como é a súa pelaxe. Aprendemos que moitos deles teñen o corpo adaptado para sobrevivir ás altas temperaturas e á vida en liberdade. A xirafa, o elefante, cebra… cada un deles gardan segredos marabillosos que estamos a investigar!
Para plasmar todo o que imos aprendendo, estamos a recrear estes animais en papel, utilizando materiais diversos e texturas diferentes para representar a súa pel: papel rugoso para a pel engurrada do elefante, papel con raias para a cebra, anacos de papel para as manchas da xirafa…
Aula das Xirafas Aula dos ElefantesPROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Durante o segundo trimestre comezamos coa investigación do proxecto preguntándonos que sabemos? e que queremos saber da Sabana?
Como sabedes todo comezou cunha visita de dúas exploradoras cheas de recordos da súa viaxe, nas súas postais ver animais fascinantes e paisaxes sorprendentes, pero houbo algo que nos chamou moito a atención: unha montaña que aparecía ao fondo das imaxes.
Que será esa montaña? Onde está? Por que ten neve na cumbre? Como se formou? É máis grande ou máis pequeno que o monte Kenia no que Wangari plantou tantas árbores?...
E así, sen decatarnos, comezamos a investigar sobre a montaña do Kilimanjaro, descubrindo que se trata dun volcán durmido!
Aprendemos que os volcáns poden estar activos ou durmidos, e que nalgún momento poden “espertaaar!” e comezar a botar lava e fume.
Para entender mellor como funciona un volcán, fixemos un experimento moi emocionante: fixemos unha erupción cun pouco de vinagre, bicarbonato e moita ilusión!
Logo recreamos con barro os nosos propios volcáns.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
8 de abr. de 2025
PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Pipo esta vez viaxou a casa do caracol Leo, onde investigaron, coa axuda da súa familia, un montón de cousas sobre as medusas. Pareceunos moi interesante!