26 de dec. de 2024

SEMANA DE NADAL

 Durante a última semana antes do Nadal tivemos moitas actividades para os nosos nenos e nenas de infantil. 

Realizamos diferentes actividades e propostas de Nadal:

           



O luns fixemos a nosa primeira saída polo barrio para ir a levar as pois que elaboramos ao buzón  e aproveitamos o bo tempo para facer unha parada no parque e desfrutar dun ratiño de xogo cos amig@s.

O martes asistimos ao contacontos "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", desfrutamos moito  da obra. 

O mércores participamos nuns obradoiros interniveis xunto co alumnado de 4 e 5 anos: obradoiro de galletas, de adornos, disfraces, photocall e pintacaras e baile e karaoke. Pasámolo en grande!


O xoves desfrutamos dunha rica chocolata.




E o venres da visita de Papá Noel, merendola e festa de Fin de Ano con badaladas.




FELICES FESTAS!!






AULA SENSORIAL

 A aula sensorial do noso centro é un espazo máxico para todos os nenos e nenas xa que poden explorar o mundo a través dos seus sentidos. Fálase xa de 8 sentidos e non cinco cos que podemos traballar ademais da vista, oído, gusto, olfacto e tacto, incluímos a propiocepción (percepción corporal), o sistema  vestibular (equilibrio e movemento) e a interocepción (percepción interna).

Convertíndose esta aula en moito máis que un espazo de xogo, un laboratorio onde os sentidos se desenvolveb e conectan coa aprendizaxe. 

   




A arte en vertical é unha actividade sinxela pero chea de beneficios para o desenvolvemento infantil. Pintar de pé nun atril ou cun cordel do que penduran papeis, transforma unha tarefa común nunha experiencia única e se ademais lle engadimos a luz negra convertimos a proposta nunha actividade máxica para os nenos e nenas. 




25-N: DÍA CONTRA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos no centro o día contra a eliminación da violencia de xénero enfocando o tema na igualdade e o respeto entre as persoas. 

Durante a semana previa a celebración todo o centro plasmou un logotipo creado con IA nunha camiseta branca que logo utilizamos o 25-N no acto no que o alumnado de 4º leu un manifesto e cantamos a canción de Aitana "Ni una más". 

Rematamos o día coa colocación de tiras moradas nas verxas do centro con mensaxes de respeto e non violencia. 










31 de out. de 2024

CORRE CORRE, CABACIÑA

Nas aulas de 3 anos, as Xirafas e os Elefantes estivemos a traballar ao redor dun conto moi especial: Corre, corre, cabaciña, unha historia que inspirou aos máis pequenos/as a participar en diferentes actividades creativas e educativas. Encántanos ver como cada neno e nena se mergulla no mundo deste conto, gozando e aprendendo a través de diferentes actividades:

1. Arte e plástica: creación da nosa cabaza

Entramos de cheo no conto creando as nosas propias cabazas. Cada neno e nena deseñou a súa cabaza especial para agocharse das “feras”, igual que na historia. Esta actividade non só estimulou a súa creatividade, senón que tamén reforzou a motricidade fina ao usar diferentes materiais e técnicas plásticas.

          

                              Aula das Xirafas                                              Aula dos Elefantes

2. Beebot: Programación e robótica

Introducimos aos nenos/as no mundo da robótica e a programación coa axuda do noso amigo Beebot. A través desta actividade, os nenos/as programaron ao robot para moverse pola historia do conto, traballando así habilidades como o pensamento lóxico e a orientación espacial.

  
                               Aula das Xirafas                           Aula dos Elefantes
 
3. Teatro: Dramatización do conto

Como colofón final e coa axuda das mestras, os pequenos/as gozaron dunha divertida dramatización do conto. Foi unha experiencia chea de emoción e risas! As mestras interpretaron os personaxes e a biblioteca encheuse de ilusión.

Teatro "Corre corre, cabaciña" para todas as aulas de Infantil

SAMAÍN EN INFANTIL

Nas semanas previas a Samaín preparamos diferentes actividades e propostas na nosa aula para que o alumnado gozase desta tradición galega. 

1. Propostas de Samaín:

Traballamos a motricidade fina, numeración, seriacións e trazo coas propostas de Samaín.

                        

                                Aula das Xirafas                            Aula dos Elefantes

2. Apócemas: 

Empregando diferentes ingredientes como moco de sapo, baba de serpe e po de óso fixemos apócemas máxicas  coas que quedamos abraiados/as. 

                     
                                 Aula das Xirafas                                       Aula dos Elefantes

3. Contos con lanternas:
Dende a Biblioteca da Maga Tomasa propúxose ao alumnado traer as súas lanternas para alumear os contos na hora de ler. 

                                 Aula das Xirafas                                     Aula dos Elefantes
 
4. Merendas de Samaín e disfraces: fixemos unha merenda conxunta para desfrutar dos momentos cos compañeiros e compañeiras e ver os disfraces de todos eles/elas. 

Aula das Xirafas e dos Elefantes


Aula das Xirafas                                                   Aula dos Elefantes


Foi un pracer ver como cada un dos nenos/as participou activamente nestas actividades, gozando e aprendendo
ao mesmo tempo.


19 de xuño de 2024

CONTACONTOS

 Esta última semana de clase estamos desfrutando do pouquiño que nos queda na etapa de infantil. Como despedida as mestras de Xoaniñas e Bolboretas prepararon uns contacontos moi divertidos.

Comezamos o luns co conto "O PIRATA PATA DE LATA". Ao finalizar o conto descubrimos o tesouro que agochaba estas piratas, deliciosas moedas de chocolate.


E o martes co conto "OS PETOS DE LORETO", unha simpática Loreto que viu cargada de cousas nos seus petos. Tamén traía globos e xoaniñas de chocolate. Foi moi moi divertivo. Parecíase un pouquiño a profe maite. 



Podedes picar nas imaxes para ver as fotos e os vídeos




16 de xuño de 2024

LAPBOOK DO CIRCO DOS SORRISOS

Para recopilar todo o aprendido sobre o circo os nenos e nenas de 5 anos elaboramos un lapbook no que se recollen algunhas das actividades que fixemos sobre o proxecto do Circo dos Sorrisos. 
Esta forma de presentación é moito máis dinámica e atractiva para o alumando, que fixeron auténticas marabillas. 



Podedes ver o proceso de elaboración do mesmos picando nas seguintes imaxes. Nel levan:
- Tarxetas cos personaxes máis característicos do circo,
- Un sombreiro do mago con sorpresa e do que sae un coello branco feito por cada neno/a
- Tarxetas chea de flocos de millo e un rotulador borrable, nas que teñen que completar con números veciños.
- Tarxetas que levan un código QR e no que aparecen os diferentes artistas traballados e os vídeos que visionamos para coñecelos mellor.







9 de xuño de 2024

MÁIS FAMILIAS NA AULA

FAMILIA DE MALABARISTAS

O 19 de abril tivemos a visita da familia de Eva da aula das Xoaniñas para facer unhas pelotas de malabaristas.  Desfrutamos moitísimo. Traballamos a motricidade fina enchendo cada globo con arroz e a coordinación cos malabares que fixemos despois. 



FAMILIA DE PRESENTADORES:

Coa familia de Adriana traballamos o que fai un presentador de circo e elaboramos uns micrófonos con materiais de refugallo. 


FAMILIA DE MARCO E MATEO DA AULA DAS XOANIÑAS E DE EHYLA E RAÚL DA AULA DAS BOLBORETAS:

Coas familias de Marco e Mateo fixemos un sombreiro de mago con sorpresa incluída que formará parte do noso lapbook do proxecto final.




GRACIÑAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN SEMPRE!



8 de xuño de 2024

O CIRCO NA NOSA AULA

 Ao longo do segundo e terceiro trimestre conseguimos convertir as nosas aulas nun gran circo, cheo de cor, maxia e ilusión. 

Tivemos a colaboración da Biblioteca da Maga Tomasa que aportou bibliografía e recursos que empregamos na aula. 

Libros como El circo mágico, O gran circo das palabras, Tito fai de mago, Tito fai de malabarista, Titiricircus...  e moitos máis acompañáronnos ao longo do curso para desfrutar de momentos de lectura compartida. 



Aproveitamos a temática do circo para crear propostas e actividades adecuadas ao seu nivel.

- Actividades de lectoescritura: 

Con diferentes tarxetas de vocabulario e letras móbiles fomos avanzando no proceso lectoescritor traballando os prerrequisitos previos ao inicio da lectoescritura. 


Recanto do proxecto: No recanto do proxecto tiñamos unha carpa do circo, disfraces e diferentes obxetos para imaxinar, desfrutar e actuando daqueles artistas que máis nos gustaba. 

- Actividades de lóxica-matemática:

Coas cartas de poker xogamos ao cinquillo ordenando os números en diferentes equipos.
Con tarxetas de malabarista seguían a secuencia numérica con diferentes niveis de dificultade.


Premendo nesta última imaxen poderedes acceder ao álbum das propostas e recanto do circo:






OS XIRASOIS DE VAN GOGH

Coa chegada da primavera descubrimos a un novo pintor e algunhas das súas obras. Concretamente os Xiraxois, recreando o noso propio bodegón no noso caderno de arte. 

Esta obra ía acompañada cun fermosa historia dunha semente. 



 










PAULA VESTIDO DE ARLEQUÍN

 Coincidindo coa festa do Entroido seguimos coñecendo obras de artistas famosos como Picasso e a súa obra de Paula vestido de arlequín. 

Aprendimos que Paulo era o fillo de Picasso e que o retratou con roupas típicas do famoso personaxe da Comedia de Arte. 

Así coñecimos a un novo personaxe que ás veces forman parte dos circos, os arlequíns. 



Como sempre aprendimos unha poesía relacionada co cadro e fixemos a nosa propia representación no caderno de arte. Picando na imaxe accederes ás imaxes.