Nas semanas previas a Samaín preparamos diferentes actividades e propostas na nosa aula para que o alumnado gozase desta tradición galega.
1. Propostas de Samaín:
Traballamos a motricidade fina, numeración, seriacións e trazo coas propostas de Samaín.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
2. Apócemas:
Empregando diferentes ingredientes como moco de sapo, baba de serpe e po de óso fixemos apócemas máxicas coas que quedamos abraiados/as.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
3. Contos con lanternas:
Dende a Biblioteca da Maga Tomasa propúxose ao alumnado traer as súas lanternas para alumear os contos na hora de ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario