Durante a última semana antes do Nadal tivemos moitas actividades para os nosos nenos e nenas de infantil.
Realizamos diferentes actividades e propostas de Nadal:
O luns fixemos a nosa primeira saída polo barrio para ir a levar as pois que elaboramos ao buzón e aproveitamos o bo tempo para facer unha parada no parque e desfrutar dun ratiño de xogo cos amig@s.
O martes asistimos ao contacontos "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", desfrutamos moito da obra.
O mércores participamos nuns obradoiros interniveis xunto co alumnado de 4 e 5 anos: obradoiro de galletas, de adornos, disfraces, photocall e pintacaras e baile e karaoke. Pasámolo en grande!
O xoves desfrutamos dunha rica chocolata.
E o venres da visita de Papá Noel, merendola e festa de Fin de Ano con badaladas.
FELICES FESTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario