13 de feb. de 2022

PROPOSTAS DO 14 AO 18 DE FEBREIRO. XOANIÑAS E BOLBORETAS

SAL DE CORES: Propoñémosvos unha actividade moi divertida e orixinal que encántalle facer ós nenos/as: tinxir sal de cores. Para iso colocamos dentro dunha bolsa de plástico con peche hermético un pouco de sal mariña, agregando unhas gotas de colorante alimenticio no interior e axitamos ben a bolsa para asegurarnos de que a sal empape ben o colorante. (poderíamos substituír o colorante por xizs de cores raiadas). Despois procedemos da mesma maneira con outros puñados de sal e distintos colorantes. Finalmente imos botando a sal tinxida nunha botella de cristal formando capas de distintos cores. Mirade que bonita queda!
PINTAMOS CON PALLIIÑAS: Se queredes pasar un rato divertido fomentando a creatividade e tamén un xesto tan importante como o sopro, podedes pintar cunha palliña introducindo nun dos seus extremos un pouco de pintura líquida e facendo que sopren amodiño para expandir a pintura e crear figuras como estas… A soprar!
CÓMO FACER UN XOGO DE MEMORIA CON MATERIAL DE REFUGALLO: Os xogos de memoria son xeniais para os nenos/as, primeiro porque, como o seu propio nome indica, exercitan a memoria; segundo, porque pásano en grande; e, terceiro, porque teñen distintas vantaxes como que os/as nenos/as gañan en memoria visual, melloran a concentración e atención e comezan a pensar máis rápido. Aquí podedes ver como crear de forma fácil e sinxela o voso propio xogo de memoria con material de refugallo.
TRABALLAMOS A ORIENTACIÓN ESPACIAL, AS FIGURAS XEOMÉTRICAS E AS CORES: Esta actividade consiste en crear un cadro de dobre entrada diferenciando cor e forma. Podemos facelo con cartón o cartolinas de cores. Os nenos/as peques deben colocar cada figura no seu sitio correspondente. Aproveitamos para verbalizar o nome das figuras xeométricas básicas (Círculo, Cadrado e Triángulo).
BAILAMOS O SON DE “MARÍA FUMAÇA”. ”LÚA”: E que mellor que mover o esqueleto ó son de María Fumaça? Animádevos a enviarnos un vídeo para ver o ben que o facedes!
BOA SEMANA, MOITOS BICOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario