Ola familias! Hoxe móstrovos cousiñas que fixeron os
crocodilos nestas últimas semanas.
Estivemos facendo cousiñas relacionadas ca lóxica
matemática como por exemplo atopar o elemento que está noutra posición,
colorear diferentes formas ata crear un elefante, simetrías, un memory…
Tamén realizamos actividades relacionadas ca serie
numérica, a grafía dos números, xogaron co dado, contamos xoaniñas… Ademais, os
crocodilos estaban moi motivados e motivadas cas sumas, así que na asemblea
fixemos algunhas sumas sinxelas.
Nestas semanas os crocodilos escribiron moitísimo. Fixemos listas da compra, escribiron palabras relacionadas co inverno, os nomes dos nenos e das nenas que faltan, o día da semana… Ademais, esta semana temos algo novo na aula… OS NOSOS NOMES EN MINÚSCULA! Os crocodilos estaban tan motivados que comezaron a escribir letriñas e os nomes dos seus compañeiros/as.
Como xa sabedes, os crocodilos están encantados/as co
supermercado que temos na aula. Fan listas da compra, mercan productos para
elaborar as suas receitas, crean picnics, ceas… Ademais, na aula temos un
mandil para o neno ou a nena que é o caxeiro/a, que fermosos/as están!
Na hora de ler soemos facer cousiñas diferentes. Uns días contamos historias con marionetas, outros a mestra lenos contos, visualizamos diferentes contos e libros que temos na aula... Esta semana inventamos unha historia a partir de debuxos que fixeron os nenos e as nenas, e este foi o resultado.
Finalmente, gustaríame mostrarvos o día
que fumos a horta. O mestre Roi explicounos o funcionamento do composteiro e
vimos os alimentos que podemos incorporar nel. Tamén entramos no invernadoiro,
e prantamos berzas. Así que, agora unha vez a semana temos que ir a horta a
regar as nosas berzas 😊
Ata aquí todo por hoxe. Vémonos pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario