Prezadas familias!
Esta semana comezamos unha actividade que da vida ao noso proxecto, sendo as familias as protagonistas desta nova andaina.
O mércores 19 de febreiro a familia do caracol Aroa viu a nosa aula para presentarnos a súa investigación sobre o mar.
Aroa, a través dun vídeo, mostrounos o que se atopa dentro do museo do mar de Vigo. Ademáis, tivemos a gran sorte de poder ver cómo é o acuario de Dubai e de Miami.
A continuación, móstrovos os vídeos tan marabillosos que compartiron connosco Aroa e a súa familia.
(preme na imaxe para poder visualizar o vídeo sobre o Museo do mar)
Ademáis de ensinarnos todas estas cousas, Aroa, o seu papá e a súa mamá fixeron connosco unha botella sensorial do océano mariño. ENCANTOUNOS!
E por último contáronnos un conto fermoso sobre o mar, titulado "100 pisos bajo el mar".
Déixovos unhas fotiños que resumen a súa visita.
(preme na imaxe para poder visualizar as fotos)
Moitas grazas pola vosa colaboración familia 💓
Esperamos con moitas gañas a exposición do seguinte caracol.
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario