23 de feb. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar": participación das familias

 Prezadas familias!

Esta semana comezamos unha actividade que da vida ao noso proxecto, sendo as familias as protagonistas desta nova andaina. 

O mércores 19 de febreiro a familia do caracol Aroa viu a nosa aula para presentarnos a súa investigación sobre o mar.

Aroa, a través dun vídeo, mostrounos o que se atopa dentro do museo do mar de Vigo. Ademáis, tivemos a gran sorte de poder ver cómo é o acuario de Dubai e de Miami.

A continuación, móstrovos os vídeos tan marabillosos que compartiron connosco Aroa e a súa familia.




                            (preme na imaxe para poder visualizar o vídeo sobre o Museo do mar)



                               (preme na imaxe para poder visualizar o vídeo sobre os acuarios)


Ademáis de ensinarnos todas estas cousas, Aroa, o seu papá e a súa mamá fixeron connosco unha botella sensorial do océano mariño. ENCANTOUNOS! 
E por último contáronnos un conto fermoso sobre o mar, titulado "100 pisos bajo el mar".
Déixovos unhas fotiños que resumen a súa visita.



                                               (preme na imaxe para poder visualizar as fotos)

Moitas grazas pola vosa colaboración familia 💓
Esperamos con moitas gañas a exposición do seguinte caracol.
Unha aperta!


   




 

18 de feb. de 2025

 PROPOSTAS SOBRE A ESTACIÓN DO INVERNO.

Prezadas familias, andamos por aquí de novo para mostrarvos un anaquiño do noso día a día dentro do centro de interese relacionado coas estacións adquirindo novos contidos e disfrutando da súa parte sensorial.

Votade unha ollada e premer no enlace vídeo do inverno:

VÍDEO INVERNO









16 de feb. de 2025

UXÍA E O MAR: ANIMACIÓN A LECTURA

 Prezadas familias!

Como xa sabedes, este venres 14 de febreiro os caracois e as formigas tivemos a sorte de coñecer a Paula Merlán, a autora do conto “Uxía e o mar”.

Paula Merlán contounos o conto e cantounos unha canción fermosa na biblioteca do cole. Tamén nos escribiu unha dedicatoria no noso conto para que recordemos sempre este momento tan fermoso que pasamos xuntxs.

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Ata a próxima familias!

E recordade…

Un nenx que le, será un adultx que pensa  






10 de feb. de 2025

     AS ANDAINAS DOS GRILOS E TARTARUGAS

PREZADAS FAMILIAS, AS AULAS DOS GRILOS E DAS TARTARUGAS XA ANDAMOS POR ESTA PEQUENA XANELA PARA CONTARVOS AS NOSAS AINDAINAS SOBRE O PDI DE CENTRO. 

ESTE ANO ESTAMOS SENDO PEQUENOS INVESTIGADORES E CIENTÍFICOS SOBRE UN ELEMENTO FUNDAMENTAL PARA TODOS NÓS: A TERRA. 

DA MAN DA NOSA XARDEIÑEIRA DENTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA ESTAMOS APRENDER E VIVENCIAR COMO SEMENTAR, COIDAR UN HORTO, VOCABULARIO E CARACTERÍSTICAS DO REINO VEXETAL...

VOTADE UNHA OLLADA OS NOSOS COMEZOS E PINCHADE NOS TÍTULOS SEGUINTES PARA ACCEDER O ENLACE DA PRESENTACIÓN DE COMO IMOS AVANZANDO NOS CONTIDOS.

 

 DA AULA A HORTA

 A SEMENTEIRA DE NAVIA

 

 





 
 



6 de feb. de 2025

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO NA AULA DAS XIRAFAS E DOS ELEFANTES

 O mércores 5 recibimos unha visita moi especial. Teodora e Diana chegaron da súa longa viaxe por África e trouxeron un montón de recordos para compartilos cos Elefantes e as Xirafas. 

Agora temos unha misión, descubrir os 4 elementos imprescindibles na nosa vida. Estamos seguras que o farán. 


Picando na imaxe podedes ver o vídeo completo, todo o que trouxeron Teodora e Diana de África e a reaccións dos Elefantes e das Xirafas que non teñen despercidio...