26 de dec. de 2024

SEMANA DE NADAL

 Durante a última semana antes do Nadal tivemos moitas actividades para os nosos nenos e nenas de infantil. 

Realizamos diferentes actividades e propostas de Nadal:

           



O luns fixemos a nosa primeira saída polo barrio para ir a levar as pois que elaboramos ao buzón  e aproveitamos o bo tempo para facer unha parada no parque e desfrutar dun ratiño de xogo cos amig@s.

O martes asistimos ao contacontos "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", desfrutamos moito  da obra. 

O mércores participamos nuns obradoiros interniveis xunto co alumnado de 4 e 5 anos: obradoiro de galletas, de adornos, disfraces, photocall e pintacaras e baile e karaoke. Pasámolo en grande!


O xoves desfrutamos dunha rica chocolata.




E o venres da visita de Papá Noel, merendola e festa de Fin de Ano con badaladas.




FELICES FESTAS!!






AULA SENSORIAL

 A aula sensorial do noso centro é un espazo máxico para todos os nenos e nenas xa que poden explorar o mundo a través dos seus sentidos. Fálase xa de 8 sentidos e non cinco cos que podemos traballar ademais da vista, oído, gusto, olfacto e tacto, incluímos a propiocepción (percepción corporal), o sistema  vestibular (equilibrio e movemento) e a interocepción (percepción interna).

Convertíndose esta aula en moito máis que un espazo de xogo, un laboratorio onde os sentidos se desenvolveb e conectan coa aprendizaxe. 

   




A arte en vertical é unha actividade sinxela pero chea de beneficios para o desenvolvemento infantil. Pintar de pé nun atril ou cun cordel do que penduran papeis, transforma unha tarefa común nunha experiencia única e se ademais lle engadimos a luz negra convertimos a proposta nunha actividade máxica para os nenos e nenas. 




25-N: DÍA CONTRA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos no centro o día contra a eliminación da violencia de xénero enfocando o tema na igualdade e o respeto entre as persoas. 

Durante a semana previa a celebración todo o centro plasmou un logotipo creado con IA nunha camiseta branca que logo utilizamos o 25-N no acto no que o alumnado de 4º leu un manifesto e cantamos a canción de Aitana "Ni una más". 

Rematamos o día coa colocación de tiras moradas nas verxas do centro con mensaxes de respeto e non violencia.