31 de out. de 2024

CORRE CORRE, CABACIÑA

Nas aulas de 3 anos, as Xirafas e os Elefantes estivemos a traballar ao redor dun conto moi especial: Corre, corre, cabaciña, unha historia que inspirou aos máis pequenos/as a participar en diferentes actividades creativas e educativas. Encántanos ver como cada neno e nena se mergulla no mundo deste conto, gozando e aprendendo a través de diferentes actividades:

1. Arte e plástica: creación da nosa cabaza

Entramos de cheo no conto creando as nosas propias cabazas. Cada neno e nena deseñou a súa cabaza especial para agocharse das “feras”, igual que na historia. Esta actividade non só estimulou a súa creatividade, senón que tamén reforzou a motricidade fina ao usar diferentes materiais e técnicas plásticas.

          

                              Aula das Xirafas                                              Aula dos Elefantes

2. Beebot: Programación e robótica

Introducimos aos nenos/as no mundo da robótica e a programación coa axuda do noso amigo Beebot. A través desta actividade, os nenos/as programaron ao robot para moverse pola historia do conto, traballando así habilidades como o pensamento lóxico e a orientación espacial.

  
                               Aula das Xirafas                           Aula dos Elefantes
 
3. Teatro: Dramatización do conto

Como colofón final e coa axuda das mestras, os pequenos/as gozaron dunha divertida dramatización do conto. Foi unha experiencia chea de emoción e risas! As mestras interpretaron os personaxes e a biblioteca encheuse de ilusión.

Teatro "Corre corre, cabaciña" para todas as aulas de Infantil

SAMAÍN EN INFANTIL

Nas semanas previas a Samaín preparamos diferentes actividades e propostas na nosa aula para que o alumnado gozase desta tradición galega. 

1. Propostas de Samaín:

Traballamos a motricidade fina, numeración, seriacións e trazo coas propostas de Samaín.

                        

                                Aula das Xirafas                            Aula dos Elefantes

2. Apócemas: 

Empregando diferentes ingredientes como moco de sapo, baba de serpe e po de óso fixemos apócemas máxicas  coas que quedamos abraiados/as. 

                     
                                 Aula das Xirafas                                       Aula dos Elefantes

3. Contos con lanternas:
Dende a Biblioteca da Maga Tomasa propúxose ao alumnado traer as súas lanternas para alumear os contos na hora de ler. 

                                 Aula das Xirafas                                     Aula dos Elefantes
 
4. Merendas de Samaín e disfraces: fixemos unha merenda conxunta para desfrutar dos momentos cos compañeiros e compañeiras e ver os disfraces de todos eles/elas. 

Aula das Xirafas e dos Elefantes


Aula das Xirafas                                                   Aula dos Elefantes


Foi un pracer ver como cada un dos nenos/as participou activamente nestas actividades, gozando e aprendendo
ao mesmo tempo.