22 de maio de 2022

NOVAS DAS BOLBORETAS!


Ola familias!:

Deixámosvos por aquí algunhas das últimas actividades da aula das Bolboretas

FINAL DO CICLO DA VIDA DAS NOSAS EIRUGAS

As nosas eirugas fixeron o seu casulo de seda para por fin converterse en Bolboretas! Tivemos a sorte de ver como saían e poñían os ovos; é un proceso incrible! A próxima primavera poderemos desfrutalo de novo pois puxeron moitos ovos!

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, co gallo da conmemoración do Día do Libro, as nosas familias mandáronos o noso conto favorito para que puidésemos gozar da súa lectura ó aire libre.

INVESTIGAMOS SOBRE OS CARACOIS

Neste último trimestre estamos coñecendo máis bechos da horta, grazas como sempre as aportacións das familias para o noso recuncho de investigación, e aproveitando que a familia de Lois trouxo a clase uns caracois, decidimos investigar sobre eles; o primeiro que fixemos foi buscar que precisan para vivir (terra húmida e comida como leituga, fresas, mazás…), así que puxémonos mans á obra e fixémoslle unha casiña para poder observalos durante uns días.

Botámoslle terra, humedecémola un pouco e as nosas familias trouxéronos comida. Estamos converténdonos en verdadeiros/as expertos/as!


ACTIVIDADES Ó AIRE LIBRE

Coa chegada do bo tempo aproveitamos para facer moitas máis cousas ó aire libre:


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado mércores 11 de maio, estiveron na nosa escola "Os Terribles de Donas", unha formación de música tradicional que xa celebra o seu 50 aniversario, e coa que gozamos dun bonito concerto como pistoletazo á celebración do Día das Letras Galegas


Ademais coñecemos un pouquiño a obra e vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, homenaxeado deste ano.

ATA PRONTO!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario