24 de maio de 2021

HENRIQUE ALVARELLOS e CORAZÓN DE CARBALLO!

Ola Familias!

Nesta semana, xa rematando o mes de Maio, levamos a cabo dúas experiencias moi enriquecedoras nas aulas de 5 anos. Ansiosas de mostralas, deixamos unha pequena mostra do valor da súa aprendizaxe. Esperando que vos guste...

Ao longo da mañá do Mércores 19, contamos coa presenza de Henrique Alvarellos, autor do libro que estivemos a investigar nas aulas: A nena que abrazaba as árbores. Para nós: un pracer!!




Por outra banda, o venres 21, a Granxa - Escola: Corazón de Carballo, achegouse ao cole para levar a cabo unha serie de obradoiros de vida práctica. Aprendemos a facer fariña cun muíño artesanal, gymkanas cos elementos da contorna (cordas, paos, troncos...), experimentamos con instrumentos musicais: paos de chuvia, xilófono...












Ningún comentario:

Publicar un comentario