Boas familias, xa estamos aquí de novo para adentrarnos nos vosos fogares e que votedes un ollo a actividades tan bonitas comas estas:
Nesta ocasión a cativada de 4 anos A quixo poñerlle cor a o día dunha das nosas musas galegas:
ROSALÍA.
Mediante a aprendizaxe a través do asombro e do descubrimento atoparon pola aula diversas pezas coas cales tiñan que confeccionar un mural e tamén o nome de ROSALIA. Traballando así a atención, a coordinación, a lecto escritura e o aprendizaxe en cooperativo, todo elo relacionado coa súa contorna cultural.
Despois de darlle varias voltas conseguiron darlle forma e crear un fermoso retrato de Rosalía de Castro da man dunha das autoras Viguesas xa vistas na aula ABI CASTILLO.
Logo quixemos encher de cor eses pedazos do puzzle mural para que decorase a nosa aula,
Este foi o resultado...
RESULTADO FINAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario